Monomito

From Dictionary of World Literature
Jump to: navigation, search

por Carlota Barrenetxea García-Rodeja, Pablo Corbillón Cabrera, Roberto Fernández Gondar, María Gil Martínez

Monomito (inglés monomyth): patróns comúns que seguen todos os heroes de diferentes mitoloxías a través de un viaxe cíclico.

Contents

Definición extensa

O monomito é un termo utilizado por primeira vez por James Joyce en 1939. Malia todo, é o mitólogo Joseph Campbell quen o traballa na súa extensión. Campbell adoptao na súa obra The Hero with a Thousand Faces, explicando a súa teoría do monomito a través da mitoloxía comparada. Desta forma crea unha estrutura básica para os heroes épicos de diferentes culturas definida polo inconsciente humano. O mitólogo recorre as teorías psicanalíticas definidas dende finais do século XIX por Sigmund Freud e Carl Gustav Jung para explicar este concepto. Así, fai unha relación entre a estrutura básica dos relatos épicos e os soños: mostra a existencia dunha similitude na forma que ten a nosa mente de enfrontarse as forzas psicolóxicas reprimidas no inconsciente e a forma que ten o heroe de xurdir do mundo cotiá a enfrontarse co descoñecido.

En resumo, ao decatarnos da presencia das imaxes escondidas sentimos medo, pois se nos enfrontamos a elas destruiremos a estrutura segura construída ao longo da nosa vida. Malia todo, son fascinantes, porque estes terrores sepultados dende a infancia descobren unha porta ao mundo descoñecido do “eu” e o profundo coñecemento de nós mesmos. Descubrilos, enfrontalos e superalos é a forma de depurar a nosa vida. E xustamente estas fases son as que debe superar o heroe na súa aventura: o descubrimento do descoñecido, o enfrontamento e a súa superación e chegada á sabedoría. Tamén, pola súa faceta de antropólogo, pono en relación co rito de iniciación de diferentes culturas no que o iniciado ten que seguir uns pasos de ruptura co seu mundo para volver de forma nova a el.

Por todo isto, Campbell (2005: 35) o define desta forma:

"El camino común de la aventura mitológica del héroe es la magnificación de la fórmula representada en los ritos de iniciación: separación-iniciación-retorno, que podrían recibir el nombre de unidad nuclear del monomito. El héroe inicia su aventura desde e mundo de todos los días hacia una región de prodigios sobrenaturales, se enfrenta con fuerzas fabulosas y gana una victoria decisiva; el héroe regresa de su misteriosa aventura con fuerza de otorgar dones a sus hermanos"

Polo tanto, a teoría do monomito distribúese en tres etapas, divididas á vez en diferentes subetapas. En primeiro lugar, a Partida ou Separación, que consiste na saída do mundo de todos os días do heroe cara unha rexión de prodixios sobrenaturais. A partida pode ser por vontade propia ou pode ser empuxado por un axente externo. Esta fase da aventura divídese en cinco subdivisións: “a chamada da aventura” ou as sinais da evocación do heroe; a “negativa ao chamado” ou rexeitamento por parte do heroe á aventura; “a axuda sobrenatural” ou a asistencia ao heroe que continúa a viaxe; “o cruce do primeiro limiar” ou a entrada ao descoñecido, ao perigo, onde non se coñecen as regras nin limitacións, e “o ventre da balea” ou o paso ao reino da noite.

En segundo lugar, as Probas e vitorias da iniciación, ou simplemente Iniciación. Nesta atópanse seis subetapas, comezando polo “camiño das probas” ou as tarefas e experiencias que o heroe debe superar para continuar o viaxe, coñecendo así a súa forza benigna. Despois “o encontro ca deusa” (Magna Mater) ou en palabras de Campbell (2005: 104):

"La última aventura cuando todas las barreras y los ogros fueron vencidos, se representa comunmente como un matrimonio místico (ἱερòς γάμος) del alma triunfante del héroe con la Reina Diosa del Mundo. Esta es la crisis en el nadir, en el cénit, o en el último extremo de la terra; en el punto central del cosmos, en el tabernáculo del templo o en la oscuridad de la cámara más profunda del corazón"

A continuación, “a muller coma tentación”, é dicir, os praceres que recibiría o heroe que abandona a aventura. “A reconciliación co pai” é o seguinte paso, o punto central do tránsito do heroe, onde enfrontarase a o ogro do pai, o reflexo do propio ego da vítima. Por último, “a apoteoses”, ou momento de calma onde o heroe chega á plenitude do seu ser, e “a graza última”, o clímax, cando o heroe demostra ser un home superior, un rei nato. Finalmente, o Regreso ou a reintegración á sociedade, o retomo da vida do heroe, algo complicado tralo alcance da iluminación. Distribúese en seis subetapas: “a negativa ao regreso” o rexeitamento á vida cotiá; “a fuxida máxica”, cando ten que regresar ao mundo con algún elixir para a restauración da sociedade tendo aos deuses en desacordo; “o rescate do mundo exterior”, así como necesitou axentes externos para o comezo da aventura, tamén os necesitará para o regreso; “os cruce do limiar do regreso”, a volta ao mundo normal: “a posesión de dos mundos” a conservación de toda a sabedoría adquirida, e por último “a liberdade para vivir”, o carpe diem.

Historia do concepto

O concepto de monomito, como vimos, procede da obra de Joseph Campbell The Hero with a Thousand Faces, de 1949, onde trabállase e perfílase a súa figura. Campbell colle prestado o termo de James Joyce (2014: 977): “and their bivouac! And his monomyth! And ho! Say no more about it”. O escritor o utiliza nun dos libros de máis difícil tradución, Finnegans Wake, e a palabra aparece sen aparente definición concreta. Campbell simplemente toma posesión dela para utilizala como nome do seu estudo.

Pese a que no seu contido estivera ligado a traballos doutros autores, como os pais del psicanálise, Freud e Jung, ou incluso Erich Neumann, ningún utilizou a mencionada nomenclatura ata a publicación da obra de Campbell. Posteriormente, non só o mesmo Neumann teorizou ao respecto, senón que unha importante cantidade de autores compuxeron arredor desta figura. Un exemplo máis actual sería Christopher Vogler (1999), quen en The Writer’s Journey utiliza o traballo de Campbell e o concepto de monomito para a segmentación de todas as historias nunha serie de estruturas narrativas e arquetipos de personaxes. Vogler entende esta obra como un empuxe creativo para guionistas e escritores.

Desenvolvementos

Joseph Campbell, como mitólogo, desenvolve o concepto monomito no seu estudio a partir da mitoloxía comparada. A mitoloxía comparada poderíase definir en palabras do antropólogo Covington Scott Littleton (1973: 32): “comparative mythology refers to the systematic comparision of myths and mythic themes drawn from a wide variety of cultures and involves attempts to abstract common underlying themes”. É dicir, falamos da comparación de mitos e de temas míticos de diferentes culturas para chegar a un punto común.

Nun principio, podería parecer que a mitoloxía desenvólvese de forma independente á literatura comparada. Malia todo, veremos que non só ambos campos de estudo van da man, senón que compleméntanse. Incluso a mitoloxía comparada pode ser unha forma de literatura comparada. Para mostrar esta relación, debemos pensar na literatura comparada de forma ampla. Para elo, acudiremos a Villanueva (1994: 106), que nos ofrece unha tradución da definición presentada por Henry H. H. Remak en 1961, que di así:

"Literatura comparada es el estudio de la literatura más allá de los confines de un solo país, y el estudio de las relaciones entre la literatura y otras áreas de conocimiento y creencias, como las artes (por ejemplo, pintura, escultura, arquitectura, música), la filosofía, la historia, las ciencias sociales (verbigracia, ciencia política, economía, sociología), las ciencias experimentales, la religión, etc. En suma, es la comparación de una literatura con otras esferas de la expresión humana"

Por tanto, se partimos desta definición podemos entender que a literatura comparada no só relaciona literatura, senón esta con outros ámbitos, dende a relixión ata a ciencia. Os mitos, historias que parten da transmisión oral dos pobos, forman parte da historia, das relixións, da filosofía,… E finalmente plásmanse na literatura. Entran por este motivo no campo da literatura comparada. Pero podemos continuar con esta idea se pensamos que precisamente o que analiza a literatura comparada é literatura mundial. Se a través da tradición oral os mitos fanse literatura, esta literatura tórnase a súa vez en literatura mundial. ¿Como? Pois, por exemplo, seguindo unha das definicións de Beebee (2014), segundo a cal literatura mundial é un hipercanon do mellor que foi pensado e dito ao longo do mundo.

De aquí poderíamos deducir que os mitos, ao ser creados e transmitidos (por tanto pensados e ditos), fanse literatura. A inclusión da oralidade obsérvase nas palabras de Beebee, pois non se fala de escritura. Mostra que a transmisión oral non limita a literatura, todo o contrario: é unha forma de circulación. E esta literatura mitolóxica, ao acadar un importante papel no coñecemento da cultura, difundirse e ser obxecto de estudo da literatura comparada, torna literatura mundial.

Poderíase discutir que mitos exactamente entrarían dentro deste hipercanon e cales non. Malia todo, unha vez demostrado que son literatura, non cabería esta discusión na xeneralidade na que falamos, pois sería eterna. Non podemos nunhas liñas clasificar os miles e miles de mitos que existiron ao longo da historia. Pero as definicións de literatura mundial son moitas e variadas, e só teríamos que nomear máis autores que o corroboraran. Por exemplo, xa que falamos de circulación, poderíamos expoñer a definición de Damrosch (2003), quen afirma que pertence a literatura mundial unha obra que vai máis alá da súa cultura de orixe.

Exemplificación

O monomito é un molde moi utilizado ó largo da historia. A súa primeira aparición atopámola cronoloxicamente arredor do 2500-2000 a.C. en El poema de Gilgamesh. A este método empregado nesta epopea sucedérono numerosas máis ao longo da historia, dando o caso, incluso, de encontrar obras contemporáneas baseadas no monomito. Así, a primeira aparición do denominado “periplo do heroe” atópase en El poema de Gilgamesh, cuxo protagonista é Gilgamesh, personaxe lendario da mitoloxía sumeria, rei de Uruk. Diferenciamos o modelo do monomito incrustado na obra épica na escena da morte de Enkidu, a cal podemos relacionar coa separación. Ese feito faille emprender a etapa da iniciación, que se move debido á busca da inmortalidade por temor a que lle ocorra o mesmo que ao seu compañeiro. Por último, o retorno, que encádrase na volta do largo camiño de Gilgamesh a súa cidade natal como resultado do fracaso da súa ansiosa persecución.

Outro exemplo é o poema épico de Homero coñecido como a Odisea, na que diferenciamos as tres fases xenerais. A primeira fase do periplo, aínda que non aparece na obra, coñécese grazas a certas alusións na propia epopea. É a separación causada entre Odiseo e a súa familia, como consecuencia do seu reclamo á guerra por parte dos helenos. A segunda fase, a iniciación, levase a cabo no momento no que o heroe parte de volta a Ítaca movido polas súas ansias familiares, travesía que se encherá de numerosas dificultades. E, por último, o retorno, a súa volta a casa, aparte do seu reencontro tanto coa súa esposa como co seu fillo.

A pesar de exemplificar o monomito con obras da antigüidade, ás fases deste modelo pódeselles seguir o rastro ata a actualidade, onde diferenciamos unha gran cantidade de obras coñecidas popularmente. Exemplos serían Star Wars, Matrix e Harry Potter. No caso desta última, a fase da separación diferenciámola no momento onde Harry abandona ós seus tíos para emprender o seu viaxe cara o colexio Hogwarts, impulsado polo seu amigo Hagrid. A chegada a dito colexio e toda a serie de aventuras que vive nel xunto co seu grupo de amigos é o que relacionamos coa iniciación. Por último, o retorno diferenciámolo trala aventura final, onde o heroe vence ó seu principal inimigo e, tras esta batalla, o protagonista volve a unha vida calmada e distanciada do perigo. Grazas a todos estes exemplos podemos afirmar que ao longo da historia o monomito veuse reflexado en diferentes obras, distanciadas en tempo e espazo. Todas elas, mostrando esta similar estrutura definida por Campbell, seguen agradando ao seu público, por séculos e culturas que pasen.

Voces relacionadas

mito único; literatura epicórica; épica; oralidade; mitoloxía comparada; literatura comparada; literatura popular; comparatismo; tradición literaria; literatura mundial.

Bibliografía

  • Beebee, Thomas. 2014. “Introduction: Departures, Emanations, Intersections”, en German Literature as World Literature. New York, USA: Bloomsbury Academic. 1-22.
  • Campbell, Joseph. 2005. El Héroe de las Mil Caras. España: Fondo de Cultura Económica.
  • Damrosch, David. 2003. What is World Literature? New Jersey, USA: Princeton University Press.
  • Joyce, James. 2014. Finnegans Wake. Bucarest: Contemporary Literature Press.
  • Littleton, Covington Scott. 1973. The New Comparative Mythology. An Anthropological Assessment of the Theories of Georges Dumézil. Los Ángeles, USA: University of California Press.
  • Villanueva, Darío. 1994. “Literatura Comparada y Teoría de la Literatura”, en Curso de Teoría de la Literatura. Madrid: Taurus.
  • Vogler, Christopher. 1999. The Writer’s Journey: Mythic Structure For Storytellers and Screenwriters. London: Pan Books.