Materia de Bretaña

From Dictionary of World Literature
Jump to: navigation, search

por Aida Tarrío Torrado, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera, Nuria Sobral Estévez

Materia de Bretaña (inglés: Matter of Britain): é un ciclo literario de lendas de orixe plenomedieval e propias das illas británicas.

Contents

Definición extensa

A Materia de Bretaña como ciclo literario pertencen concretamente ao xénero do lai, o cal á súa vez pertence ao roman. Ademais, é o resultado da simbiose dunha morea de relatos. Entre eses relatos dánse pé a diversas linguas propias da xeografía dos bretóns medievais, tanto os insulares como ospeninsulares, entre as cales predominan ambientes cabaleirescos e de amor cortés, e todo iso dentro dun marco fantástico. Así pois, nese senso é o resultado da fusión dunha tradición céltica autóctona e dunha tradición do ciclo romano, derivando así a unha simbiose temática entre ética cristiá e pagán. Dese xeito, como suxeito principal das distintas obras literarias sempre aparece o lendario rei Artur, adoitando ter gran protagonismo ao seu carón os cabaleiros da Táboa Redonda co gallo da busca do Santo Graal.

Historia do concepto

Nun primeiro momento Geoffrey de Mommouth mediante un inxente labor de recompilación da tradición oral na súa Historia Regum Britanniae, dada a súa creación en torno ao 1130-1136, establece os patróns máis primixenios do que acabaría sendo a Materia de Bretaña. Así pois, na súa obra define ao mítico Artur cunhas características de corte cabaleiresca e de maneira explendida. Xunto a el nese ambiente cabaleiresco dado en Camelot, tamén, aparecen personaxes coma Merlín, Morgana... Deste xeito fálase sobre o traslado de Artur, moribundo, cara a illa de Avalon, lugar onde terá que volver no futuro para salvar ao seu pobo.

Ao mesmo tempo aparece unha tradución deste orixinal de Mommouth traducido ao francés da man de Roman de Brut co Norman Wace, aínda que respecto á primeira obra cómpre dicir que xorden unha serie de mutacións que trocan a tradición propia da Britania insular.

Posteriormente, Chretien de Troyes e os seus continuadores plenomedievais introducendous personaxes primordiais para o ciclo que son Lanzarote e Perceval no Conto do Graal. Velaquí é onde aparece a estrutura da queste como maneira de narrar a a figura do cabaleiro herrante.

Xa no seculo XIII o Lanzarote aparece en prosa e os seus continuadores tomarán esta tipoloxía. Incorpórase así unha óptica cristiá que condea o espírito mundano da cabalería, que acaba na ruina da corte artúrica tras a busca do Santo Graal. Como consecuencia, as causas do amor cortés poñen fin a Camelot e os seus personaxes.

Por último Thomas Malory compón un libro que se convertirá nun resumo do ciclo artúrico.

Desenvolvementos

Sendo un ciclo literario abrangue un conxunto moi amplo de obras nadas tanto da oralidade como da escrita das tradicións celta e romana. A partires de aí a Materia de Bretaña acabaría esparexéndose alén das súas fronteiras adquirindo, pois, un caráter supranacional. Pois ben neste sentido a súa estrutura literaria si que acode a unha versión mundial da literatura, pero as súas obras, pola contra, non tiveron unha gran repercusión ao longo da historia fóra das fronteiras de Britania.

Co gallo do problema que reside nunha identificación da Materia de Bretaña como literatura mundial, Damrosch en Toward a History of World Literature manifesta os distintos desafíos que xorden na percepción do home actual na súa interpretación de construción dunha idea acerca da literatura mundial baseándose así na súa definición, deseño e propósito; é dicir, os problemas que derivan da globalización reflicten os principios máis prexudiciais para a elaboración teórica do termo literatura mundial á vez que empatiza a sociedade con el. Polo tanto isto se amosa neste caso a tratar, xa que sen se estableceren unhas pautas estritas sobre o termo literatura mundial o problema de identificación da Materia de Bretaña como tal é manifesto.

Exemplificación

A Materia de Bretaña acolle unha multitude de obras que se rexen polas definicións comentadas anteriormente tanto dentro como fóra das fronteiras. Así pois, exemplos pertencentes á materia de Bretaña son Sir Gawain and the Green Knight, Tristán, Parzival, Erec, etcétera.

Voces relacionadas

Bibliografía

  • Cirlot, Victoria. 1995. La novela artúrica. Orígenes de la ficción en la cultura europea. Literatura y Ciencia: Barcelona.
  • Gutierrez García, Santiago. 2002. Orixes da Materia de Bretaña. A Historia Regum Britanniae e o pensamento europeo do século XII. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: Santiago de Compostela.