Literatura planetaria

From Dictionary of World Literature
Jump to: navigation, search

por Carla Sabio Mouriz, María Valcárcel Maceira

Contents

Definición extensa

A literatura planetaria é aquela que consta de literaturas cuxo alcance ligüistico trascende as fronteiras nacionais, incluso continentais. En certos aspectos, unha literatura planetaria parecese a unha literatura cosmopolita, só que a planetaria siguese representando como sistemas da literatura nacional, cousa que a literatura cosmopolita non. Unha definición centrada en aqueles textos que reciben a aprobación crítica de Occidente xenerará un modelo de literatura planetaria moi parecido ao descrito por Casanova ou Moretti. Un dos aspectos máis destacados da literatura planetaria é a medida na que se presta ao "bricolaxe" con textos que cumplen diferentes fins en distintos sistemas de circulación. O exemplo máis claro da literatura planetaria é a inglesa, pois posee unha desarrollada infraestructura teórica de estudios e institucións poscoloniales como o Booker Prize que traballa para construir a idea de que a producción e o consumo literario en inglés son en principio universais.

Historia do concepto

Según Beecroft, a literatura planetaria nace a raíz da inadecuación do modelo de literatura nacional. Isto débese tanto á extensión de linguas e literaturas nacionais máis alá das suas fronteiras, como pola pérdida de importancia do Estado-nación, provocada polo capitalismo planetario contemporáneo, que altera a circulación literaria. Isto xenera a denominación de literatura planetaria: aquelas literaturas que transcenden as fronteiras nacionais e incluso continentais e son representadas como sistemas de literaturas nacionais.

Desenvolvementos

A literatura planetaria pódese comparar coa definición de literatura mundial posto que consta de literaturas cuxo alcance lingüístico trascende as fronteiras nacionais e incluso continentais. Os legados dos imperios do século XIX e do capitalismo planetario contemporáneo exercen un gran poder. A literatura planetaria varía enormemente de pais a país por exemplo, nos Estados Unidos a división tripartita en literatura británica, estadounidense e poscolonial, mentres que en Canadá a norma é una estructura catropartita. As literaturas poscoloniales están como representadas como un sistema específico. É dicir un autor nixeriano que escribe inglés podría tamén participar nun sistema literario nixeriano e tamén nun circuito poscolonial de literatura planetaria en inglés. A literatura francesa é unha innegable candidata a similar categoría, tal e como se reflexa na ora de Jean Rouad e Michel Le Bris: Pour unne literature-monde, na cal mostra a clara influencia de Braudel. Poucos idiomas son os que puideran rivalizar có inglés e o francés na categoria de literatura planetaria, dado o poder político e económico que alcanzan, sen embargo cada uno dos seus principais rivales participa en certa circulación planetaria, ao igual que as outras literaturas en circunstacias mais limitadas.

Exemplificación

Según Beecroft, hai poucos idiomas que poidan competir no ámbito de circulación literaria planetaria co inglés e co francés. O primeiro destos idiomas, é o exemplo máis claro e evidente. Cunha infraestructura teórica de estudios e institucións poscoloniais moi desarrollada, a representación institucional do sistema literario planetario inglés sigue variando cuantiosamente nos diferentes países nos que exerce influencia e asenta o seu legado literal. A relación entre estas dúas literaturas é evidente en canto aos sistemas políticos e económicos contemporáneos, e o poder que exercen nestos sectores, o peso demográfico e a súa amplitude xeográfica, axudan a que sexan as dúas potencias xeográficas principais no tocante á literatura planetaria.

Voces relacionadas

circulación literaria; literatura cosmopolita; literatura mundial; literatura-mundo; literatura mundial; literatura nacional; literatura pancórica; literatura vernácula; literatura epicórica.

Bibliografía

  • Beecroft, Alexander. 2008. "World Literature without a Hyphen. Towards a Typology of Literary Systems". New Left Review 54: 87-100.
  • Beecroft, Alexander. 2009. “ Regional y planetaria” Literatura mundial y literatura-mundo. Hacia una tipología de los sistemas planetarios. 54: 95-96.