Literatura oral tribal

From Dictionary of World Literature
Jump to: navigation, search

por Sergio Castrelo, Santiago Ferreirós, María Fontán, Ana Francisco

Literatura oral tribal (francés: littérature orale tribale): unha das unidades históricas do proceso literario que consiste nunha fusión da expresión artística escrita e da expresión oral.

Contents

Definición extensa

É unha unidade histórica do proceso literario que consiste nunha fusión da expresión artística escrita e da expresión oral. Segundo Dionýz Ďurišin, a literatura oral das organizacións tribais é unha das unidades históricas que forma parte do proceso interliterario. Pola definición proporcionada por Ďurišin, pódese contrapor a literatura oral tribal coa literatura illada, xa que mentres a primeira pode saír das súas fronteiras, a segunda queda pechada dentro das súas fronteiras locais.

Historia do concepto

O termo “literatura oral tribal” foi creado polo comparatista eslovaco Dionyz Durisin para darlle nome a unha das tres unidades históricas do proceso interliterario nacional que el establece, e con el refírese a unidade máis pequena deste proceso.

Desenvolvementos

Na proposta de Dionýz Ďurišin a literatura oral tribal é o sistema de clasificación máis pequeno das unidades histórico-literarias. Debido a esto, debemos preguntarmos se existe relación entre o concepto de literatura oral tribal e a literatura epicórica. Ďurišin mantén que a literatura oral tribal circula máis aló do seu contexto de produción, xa que foi sometida á tradución, mentres que Alexander Beecroft, a quen se debe o termo de literatura epicórica, nega a existencia do factor da tradución na literatura epicórica, xa que esta literatura mantense dentro dos límites dunha comunidade local. Por outro lado, David Damrosch, ao falar de literatura mundial, conclúe que a literatura oral tribal forma parte da literatura mundial, xa que as súas obras circulan máis aló do seu lugar de orixe a través da tradución. Ademais Damrosch, para completar a súa definición de literatura mundial, di que cando unha obra gaña coa tradución pertencerá á literatura mundial. Isto vémolo na epopeia de Gilgamesh, gracias ao gran traballo de tradución de George Smith] en 1872 máis a participación posterior de John Gardner.

Exemplificación

Ďurišin utiliza como exemplo de literatura oral tribal os bylini, isto é, poemas épicos propios das tribos eslavas do leste nos que se mesturaban eventos históricos coa ficción, e os dumy ou duma, poemas épicos que se orixinaron en Ucrania e que desenvolvían feitos históricos relacionados co militar e algúns incluso con contido relixioso.

Voces relacionadas

circulación literaria; literatura aillada; literatura cosmopolita; literatura epicórica; literatura nacional; literatura mundial.

Bibliografía

  • Beecroft, Alexander. 2008. "World Literature without a Hyphen. Towards a Typology of Literary Systems". New Left Review 54: 87-100
  • Ďurišin, Dionýz. 1993. Notions et principes. Vol. 6 de Communautés interlittéraires spécifiques. Trad. Alena Anettová. Bratislava: Institut de Littérature Mondiale - Academie Slovaque des Sciences.
  • Ďurišin, Dionýz. 1989. Theory of Interliterary Process. Trads. Jessie Kocmanová e Zdenĕk Pištek. Bratislava: Veda.