Literatura nacional

From Dictionary of World Literature
Jump to: navigation, search

por Sheila Portilla Prado, Nahir Queiro Alberte, Yesica Rivas Vieito, Patricia Serrano Freijeiro

Literatura nacional (inglés: national literature): obras escritas nunha rexión concreta por habitantes do territorio en cuestión.

Contents

Definición extensa

A literatura nacional fai referencia, nun primeiro momento (no Romanticismo, para ser máis exactos), ás literaturas de orixe medieval escritas en lingua vernácula.

Posteriormente designa toda unha serie de obras escritas nun territorio cunhas tradicións lingüísticas, étnicas e políticas comúns (o que se denomina nación) que, ademáis de servir de expresión para a nación á que representan, buscan recoñecer na tradición literaria as características da identidade propia da nación. Por iso, o máis importante que debe ter unha obra litetaria para considerarse nacional é unha lingua propia, do país do que procede, ferramenta que identifica á nación e á súa xente.

Historia do concepto

O concepto de literatura nacional nace en pleno Romanticismo tralo surximento dos nacionalismos e a inquietude destes por resaltar o propio, o nacional. Tivo unha grande carga ideolóxica e histórica, e nun principio eran recoñecidas como tal aquelas obras literarias escritas na lingua vernácula de cada nación e que eran capaces de identificar as grandes referencias políticas do continente europeo. Dende ese século XIX ata os nosos días, o concepto de literatura nacional segue vivo e posuíndo esa simboloxía nacionalista daqueles anos, facendo referencia ás obras escritas por nativos na súa lingua e lugar de orixe.Estamos polo tanto ante unha estructura que se expande máis alá do propiamente literario e introdúcese dentro de ideoloxías políticas e autentificadoras.

Desenvolvementos

No século XIX, co nacemento dos nacionalismos, as xentes comezan a buscar as súas raíces na literatura medieval escrita na lingua vernácula do seu lugar de orixe. Buscaban fortalecer o sentimento de pertenza á súa nación e ensalzar os seus costumes e tradicións, elementos que forman a súa identidade nacional. Co paso do tempo e ata os nosos días, consagráronse diversos premios e certames para autores que escriben obras no idioma oficial do seu territorio, polo que se observa que o carácter que a literatura nacional tivo nos seus inicios segue vivo aínda hoxe grazas a estes recoñecementos.

Exemplificación

O concepto está presente e moitos certames e concursos literarios, que aparte de facer coñecidos mundialmente ós autores premiados reivindican o poder literario do pais de procedencia do autor e a obra. Dentro destes galardóns, atopamos o Premio Nacional de Literatura, que é o máximo recoñecemento que lle outorga a un escritor o goberno do seu lugar de orixe con motivo da relevancia cultural, artística e/ou lingüística da súa obra literaria.

No noso país existen diferentes recoñecementos, como por exemplo o Premio Nacional das Letras Españolas, outorgado polo Ministerio de Cultura, que conta con seis modalidades (ensaio, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, narrativa, poesía e poesía xove "Miguel Hernández"), o Premio Nacional de Literatura de Cataluña, celebrado dende 1995, ou o Premio Nacional de Literatura da Xunta de Galicia. Por outro lado, existe tamén o Premio Nacional das Letras Españolas, que se lle concede a un cidadán español polas súas obras escritas en calquera das linguas españolas. Deste xeito, atopamos entre os gañadores deste último (e polo tanto considerados como escritores de literatura nacional) figuras como Miguel Delibes, Antonio Buero Vallejo Ana María Matute ou Luis Goytisolo.

Fóra do noso país, existen o Premio Nacional de Literatura de Chile, o Premio Nacional das Letras de Arxentina, o Premio Nacional de Literatura de Cuba, o Premio Nacional de Literatura de Guatemala, o Premio Nacional de Literatura e Lingüística de México, o Premio Nacional de Literatura Miguel Ángel Asturias de Guatemala, o Premio Nacional de Literatura da República Dominicana, o Premio Nacional de Literatura de Uruguay e o Premio Nacional de Literatura de Venezuela.

Tamén é relevante mencionar institucións como o National Literature Centre, que conta con máis de 40.000 obras de literatura nacional de Luxemburgo.

Voces relacionadas

literatura; weltliteratur; literatura mundial; literatura comparada; literatura vernácula; nación; cultura; tradición.