Literatura global

From Dictionary of World Literature
Jump to: navigation, search

por Abel Bargiela López, Pablo Díaz Suárez, Nicolás Fernández Martínez, Pablo Antonio Iglesias Martínez, María Karla Barca Marrero

Literatura Global (inglés: Global Literature).

Contents

Definición extensa

A literatura global ou literatura planetaria é un termo máis hipotético que real usado cómo método de producción literaria no que a literatura prodúcese non só entre as fronteiras nacionales senón que trascende ao continental, e cuxos límites non e necesario trazalos. Según os seus estudos, Alexander Beecroft fai fincapé na diferenciación entre a Literatura Global e a Literatura Nacional resaltando a pérdida de importancia do Estado-nación provocada polo capitalismo global contemporáneo e pola utilización de linguas que trascenden as fronteiras nacionales, acercándose incluso as periferias como Bombay ou Hong Kong. Porén, un autor de unha nacionalidade que escribe en inglés podería participar nun sistema nacional (o do seu país) e tamén nun circuito de literatura global en inglés. En certos sentidos, unha literatura global asemellase a unha literatura cosmopolita, excepto que as literaturas globais seguen representandose como sistemas de literatura nacionacais nunha medida na que no o fan as cosmopolitas.

Historia do Concepto

Na historia do concepto non se pode tratar unha historiografía nacional xa que a literatura global, une literaturas de diferentes puntos do planeta, en forma dunha soa. Haberá que fixar unha unidade de estudio, e maís tarde seguir as súas modificacións dependendo das súas variantes. Wallerstein sitúa o desenrrolo da teoría dos sistemas-mundo na década de 1970 e nos debates das ciencias sociais contemporáneas referentes a utilidade do Estado-nación como unidade de análisis adecuada. O propio Wallerstein fai fincapé en que o sistema-mundo é producto do intercambio colombino e a Revolución industrial, e resistiu intentos de Andre Gunder Frank de aplicar o seu marco a épocas anteriores que no que se crea, esta tamén e a forma de pensar de Casanova.A diferencia de Casanova, Moretti que cree que as produccións literarias anteriores ao seu sistema(teoría) rixense por unha ley parecida a da novela que el propón. As novelas (globais) comparten a forma da novela occidental , pero con una narración e uns personaxes locais. Por exemplo influencia formal anglo-francesa y materiales locales.Outros creen que para aceptar textos como literatura global, a producción periférica só ten valor una vez recoñecida polo centro. En certo modo isto lle ocurre ao premio Novel Gao Xingjian, que reside en Francia o que en certo modo lle fai máis fácil esta aceptación polo centro. Gao pensa que, a obra literaria é unha expresión individual do creador y por conseguiente necesita unha ampla liberdade para escribir e que por iso o lector e o crítico debe prestar atención aos aspectos estéticos e non políticos(da zona).

Desenvolvimiento

Segundo Alexander Beercroft, existen seis modos que serven para entender a cantidade de estratexias utilizadas polas literaturas para relacionarse co seu entorno político e económico. Aínda que todos estes xuntos non poden configurar unha literatura global, o escritor utiliza o termo para referirse a unha literatura continental que percorre todas as culturas mundiais. Seguramente o termo “literatura global” utilízase con maior frecuencia para referirse á literatura inglesa (publicada en Inglaterra). O autor que publique a súa novela dentro das fronteiras inglesas e en inglés será considerado autor dunha literatura global independentemente da nacionalidade do autor. Hai que dicir tamén que a maioría de autores comparten un idioma literario común e isto crea un sistema intercultural. É dicir, un autor nixeriano que es escribe en inglés podería, desde diferentes ángulos, participar nun sistema literario nixeriano e tamén nun circuíto poscolonial de literatura planetaria en inglés.

Ejemplificación

Coma presenta Beecroft o exemplo mais claro de literatura global, a inglesa, pola súa desarrollada infraestructura teórica de estudos e institucións postcoloniais ( como o "Booker Prize" ;  premio literario otorgado cada ano á mellor novela orixinal de longa duración escrita en Inglés. A partir de 2014,  consideraranse autores desde calquera lugar do mundo, sempre e cando seu traballo sexa en Inglés e publicado no Reino Unido) que traballan para construir a idea de que a producción é o consumo literario en inglés son universales. A literatura en francés e unha candidata a similar categoría, como se refleja no manifesto literario "Pour une littératura-monde" con clara influencia de Braudel. Poucos idiomas poden rivalizar co inglés e o francés na categoría de literatura global dado ao poder político e económico, e o peso demográfico que alcanzan.

Voces relacionadas

circulación literaria; literatura cosmopolita; literatura mundial; literatura-mundo; literatura planetaria; literatura poscolonial.

Bibliografía

  • Auerbach, Erich: "Filología de la literatura universal". Trad. Jesús Espino Nuño. Teorías literarias del siglo XX: Una antología. Eds. José Manuel Cuesta Abad y Julián Jiménez Heffernan. Madrid: Akal, 2005. 809-820.
  • Moretti, Franco: "Conjeturas sobre la literatura mundial". New Left Review 3 (2000): 65-76.
  • Beecroft, Alexander: "World Literature without a Hyphen. Towards a Typology of Literary Systems". New Left Review 54 (2008): 87-100.
  • Shu-Mei Shih: "Global Literature and the Technologies of Recognition", Vol. 119, No. 1, Special Topic: Literatures at Large (Jan., 2004) : 16-29.